26 de febrero de 2008

Xantar cinematográfico


Onte vimos case toda a película El señor Ibrahim y las flores del Corán. Gustounos moito xa que Momó, que foi o que máis lle gustou a Leticia, facíao moi ben de feito agradounos máis na película que no libro. Pensa Lucía que tampouco o facía nada mal o señor Ibrahim pero o pai de Momó era odioso, se xa era malo no libro, na película moito máis. Tamén comenta Leticia que, aínda que é unha historia triste, a música que poñen tan alegre, dos anos 60, quítalle esa tristura á película.

O xantar foi moi divertido, as croquetas e as empanadillas estaban riquísimas, se non preguntádelle a Carlos. Durante a comida estivemos falando dos nosos daimonios, xa case todos os dixemos, só faltan Gloria e Catalina, que se resisten. Entre todos escollémos os da xente que non tiña, pasamos un rato ben divertido. Xa hai que pensar na próxima xuntanza!

Leticia e Lucía.

3 comentarios:

Oki dijo...

Pois si que foi divertido. Foi unha pena que non puidésemos ver a peli enteira, pero queda moi pouquiño e pódese rematar de vela nunha próxima xuntanza.
Ademáis quería felicitar ás cociñeiras ou cociñeiros das croquetas e das empanadillas, e qnon quero olvidar ese chouriciño que non sei que levou pero que estaba moi bo.
A verdad é que eu acababa de ler o libro durante a finde e pereceume que o filme estaba bastante ben e que seguía a historia con certas pequenas modificacións que penso inevitables por cousas do cine.
Xa estou dexesando ler o próximo libro de "Arredor de si"

Asesoría Bibliotecas Escolares dijo...

Menuda envexa nos dades, primeiro pola película (que é preciosa... a historia en si, as paisaxes da Capadocia...) e segundo (ou era primeiro???), polas croquetas e demais... anda, que volo montades ben!!! Noraboa!!!

Marina dijo...

Como sinto que eu non poidese estar no xantar (eu lembro as croquetas do anterior) e pola peli, pero non me esquenzades e como non sei moi ben que daimonio poñerme, tal vez me podedes votar unha man para a próxima reunión.
Que envexa!!! (sana e), espero non perderme a próxima.
MARINA