Hoxe fumos moi italianos: Comimos Erika's pizza. Comentamos o libro El lector con Fina, José Ramón, Álvaro, e eu, Carliños. O libro trata dun rapaz que se convirte primeiro a adolescente e despois a adulto. Na súa adolescencia o rapaz coñece a unha muller de 32 anos coa que despois mantén relacións sexuais (Que porkiño, aos 15 anos). Ao final meten á muller na cárcel e o rapaz (que xa era universitario) non di que era analfabeta e con eso podería sacala da cadea.A min e a Álvaro parecíanos raro pero posible que un rapaz de 15 anos mantivera unha relación de parella cunha muller de 32 anos (eu coa profe de tecnoloxía, figurádesvolo).
Bicos e poñede moitos comentarios, que non teño ningún :(
20 de abril de 2009
9 de marzo de 2009
Reunión con Cristalina 9/3/09
Hoxe, só estábamos os máis faladores: María e eu, Carlos. Miramos uns textos que nos dera Cristalina previamente. Comimos bocatas, patacas e biscoito made in María. Bikos e poñede moitos comentarios.
16 de febrero de 2009
O libro que non lemos!!!
Pero non foi porque fora malo, senón porque non nos deu tempo. Por certo, colléronnos un exemplar e non sabemos onde está. A reunión de hoxe (16.2.09) foi bastante sobrealimentada (pero dannos pena os nenos de África). Houbo unha chea de comida: Unha pizza de xamón iork, mozzarella e ourego (vulgar pizza con xamón e queixo para os non entendidos) que a trouxo José Ramón (poderíamos seguir falando deste tema indefinidamente, pero queda máis comida (...). As rapazas trouxeron un bocata para cada un. Vicente trouxo unha empanada caseira e eu (Carlos) ensalada. De postre (prepárense señores): Andrea, rosquillas dá súa avoa; Vicente, galletas danesas de Portugal do Froiz de Arzúa do centro de Danacia (consultar atlas); Catalina, "hojaldres riquismos", María, xamón (Non de postre pero non collía) e eu chocolate. Para facervos unha idea, imaxinádevos unha mesa chea de comida e multiplicádea por un 8 ao revés. BIkos e facede moitos comentarios... UUUps, o título é "O TESOURO DE CARRAXE"...
2 de febrero de 2009
Reunión 2/2/09
Estivemos os máis faladores nesta reunión. Pero unicamente eu e María!!! Falamos do libro "El niño con el pijama de rayas" e os temas sobreentendidos do libro. Por certo, sabiades que Hitler quería que a raza aria dominara, pois era a superior? O raro era que a raza aria fora alta, forte, loira e con ollos azuis e Hitler (denominado "O Furias" no libro) era baixo, feble, moreno e con ollos marróns!!! Flipa!!!
A comida que tivemos hoxe: Eu trouxen un bocata de beicon con queixo e unha ensalada e María pan, chourizos e trufas... mmmMMMmm...
A comida que tivemos hoxe: Eu trouxen un bocata de beicon con queixo e unha ensalada e María pan, chourizos e trufas... mmmMMMmm...
el niño com el pijama de rayas
27 de mayo de 2008
EL LIENZO DE TINTORETTO
Dunha reunión do clube de lectura saiu o libro de "La joven de la perla" de Tracy Chevalier. Eu xa lin este libro o ano pasado por unha amiga que mo prestou. A partires da lectura a por unha viaxe que fixera recentemente a Holanda, recuperei a Vermeer, e o redescubrín, aínda que pode ser que realmente o coñecera agora de verdade. Despois vin a película, coido que bastante fiel ao texto.Por iso e aproveitando a lectura de libros relacionados coa pintura mercamos para o clube "El lienzo de Tintoretto" de Thierry Maugenest. É iste un libro curto e de fácil lectura como o anterior, aínda que non ten nada que ver. Comentei con Monse, que o está lendo agora, que é unha especie de "Codigo da Vinci", aínda que non ten nada que ver con no fondo.
Acércanos ao mundo deste pintor, nado un século antes que Vermeer, dun estilo totalmente distinto, e a trama mezcla a época actual con do século XVI en vida do pintor cando pinta en Venecia (e aproveito para dedicarllo a Manuel Lamas...) as obras para a igrexa de San Rocco.
Podería poñervos un video das obras deste pintores, pero invítovos a ler os dous libros, moi sinxelos e entretidos (xa sei que hai para todos os gustos...) e a visitar o blog de "La joven de la perla" y "Arte en la red". Merecen un pequeno paseo. E a disfrutar da lectura, do cine e da arte!
28 de abril de 2008
O daimonion de Catalina
Quero propoñervos o daimonion de Catalina: o bufo, a curuxa.
¿Non me digades que esta muller non é unha enciclopedia andante? Pois eu sempre asociei a curuxa co mestre, con persoas reflexivas, estudiosas... E cando se queda mirandoche con eses ollos abertos que non sabes o que hai detrás deles... Os mesmos que os da curuxa....

Catalina díxome que Atenea é frecuentemente representada con este animal, símbolo da sabiduría, da intelixencia e da sabiduría, e, segundo lin, mesmo a propia Atenea puido ser unha curuxa.
E ¿sabíades que Grecia incorporou este animal no anverso das súas moedas de euro?
¿A que é un daimonion apropiado para Catalina /Atenea? Eu espero que a ela lle guste...
6 de abril de 2008
O lapis do carpinteiro
Pois como ben dicía Carlos o noso novo libro é: O LAPIS DO CARPINTEIRO de MANUEL RIVAS e da editorial XERAIS. Segundo afirma na contraportada este libro é unha historia de amor, melancolía e liberdade, en tempo de guerra e posguerra que chega ata os nosos días. Un grande amor entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia de ambiente reaccionario e o médico republicano Daniel Da Barca, posuidor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos.
Fronte a eles a mirada escrutadora dun home qu non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.
O lapis do carpinteiro (A peli)
Un día destes falareivos da peli, pero para entrar en tema algunhas curtas pequenas da peli, non as perdades que non teñen desperdicio...
A PRESENTACIÓN
A TOS QUE NON CESA
FOI COMA UN SONO QUE NUNCA EXISTIU
A PRESENTACIÓN
A TOS QUE NON CESA
FOI COMA UN SONO QUE NUNCA EXISTIU
Etiquetas:
cine,
libros,
libros-cine,
O lapis do carpinteiro
2 de abril de 2008
Carlos: O meu daimonion
O meu daimonion é unha osa ibérica.
Como está en "piligro" de extinción, son único na miña especia.
Tamén me parezo a ela porque é omnívora, é a verdade, todo vai ó "estómagho", sexa verdura, sexa carne, sexa pescado, sexa froita... ¡Umm... todo riquísimo!
E sinto certa atracción polas croquetas de Raquel nas reunións da biblio...
¡ÑAM, ÑAM!
Como está en "piligro" de extinción, son único na miña especia.
Tamén me parezo a ela porque é omnívora, é a verdade, todo vai ó "estómagho", sexa verdura, sexa carne, sexa pescado, sexa froita... ¡Umm... todo riquísimo!
E sinto certa atracción polas croquetas de Raquel nas reunións da biblio...
¡ÑAM, ÑAM!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

