20 de abril de 2009

Reunión Con Fina 20.04.09

Hoxe fumos moi italianos: Comimos Erika's pizza. Comentamos o libro El lector con Fina, José Ramón, Álvaro, e eu, Carliños. O libro trata dun rapaz que se convirte primeiro a adolescente e despois a adulto. Na súa adolescencia o rapaz coñece a unha muller de 32 anos coa que despois mantén relacións sexuais (Que porkiño, aos 15 anos). Ao final meten á muller na cárcel e o rapaz (que xa era universitario) non di que era analfabeta e con eso podería sacala da cadea.A min e a Álvaro parecíanos raro pero posible que un rapaz de 15 anos mantivera unha relación de parella cunha muller de 32 anos (eu coa profe de tecnoloxía, figurádesvolo).

Bicos e poñede moitos comentarios, que non teño ningún :(

9 de marzo de 2009

Reunión con Cristalina 9/3/09

Hoxe, só estábamos os máis faladores: María e eu, Carlos. Miramos uns textos que nos dera Cristalina previamente. Comimos bocatas, patacas e biscoito made in María. Bikos e poñede moitos comentarios.

16 de febrero de 2009

O libro que non lemos!!!

Pero non foi porque fora malo, senón porque non nos deu tempo. Por certo, colléronnos un exemplar e non sabemos onde está. A reunión de hoxe (16.2.09) foi bastante sobrealimentada (pero dannos pena os nenos de África). Houbo unha chea de comida: Unha pizza de xamón iork, mozzarella e ourego (vulgar pizza con xamón e queixo para os non entendidos) que a trouxo José Ramón (poderíamos seguir falando deste tema indefinidamente, pero queda máis comida (...). As rapazas trouxeron un bocata para cada un. Vicente trouxo unha empanada caseira e eu (Carlos) ensalada. De postre (prepárense señores): Andrea, rosquillas dá súa avoa; Vicente, galletas danesas de Portugal do Froiz de Arzúa do centro de Danacia (consultar atlas); Catalina, "hojaldres riquismos", María, xamón (Non de postre pero non collía) e eu chocolate. Para facervos unha idea, imaxinádevos unha mesa chea de comida e multiplicádea por un 8 ao revés. BIkos e facede moitos comentarios... UUUps, o título é "O TESOURO DE CARRAXE"...

2 de febrero de 2009

Reunión 2/2/09

Estivemos os máis faladores nesta reunión. Pero unicamente eu e María!!! Falamos do libro "El niño con el pijama de rayas" e os temas sobreentendidos do libro. Por certo, sabiades que Hitler quería que a raza aria dominara, pois era a superior? O raro era que a raza aria fora alta, forte, loira e con ollos azuis e Hitler (denominado "O Furias" no libro) era baixo, feble, moreno e con ollos marróns!!! Flipa!!!
A comida que tivemos hoxe: Eu trouxen un bocata de beicon con queixo e unha ensalada e María pan, chourizos e trufas... mmmMMMmm...

el niño com el pijama de rayas


Este libro gustoume moito porque conta a historia dun neno na segunda guerra mundial que se fai amigo dun da outra parte da alambrada.