10 de febrero de 2008

Máis sobre Eric-Emmanuel Schmitt

Recordades que este é o autor do Sr Ibrahim e as flores do Corán que creo que xa remastedes tod@s os do clube de ler e supoño que tamén recordades que nun post mencionei que este libro era parte dunha triloxía na que tamén había os títulos de "Milarepa" e "Oscar e Mamie Rose". Pois estes dous libros acaboos de mercar para a biblio, teño que dicir que Milarepa non me gustou especialmente pero si me encantou o de Oscar e Mamie Rose.

MILAREPA: Todas as noites Simón ten o mesmo soño. Unha muller enigmática vaillo interpretar: é a rencarnación do tío de Milarpa, o célebre místico tibetano do século XI, que oidaba a morte ó seu sobriño. Para poder saír do ciclo das rencarnacións Simón debe contar a súa historia a dous homes identificándose con eles ata o punto de mesturar as súas identidades e que os seus entes se confundan. Pero ¿onde remata o sono e o onde a realidade?.

OSCAR E MAMIE ROSE: Son estas unha serie de cartas que un neno de 10 anos enfermo terminal de leucemia escribe a Deus, estas foron encontradas por Mamie Rose que é o seu gran apoio durante a última parte da súa enfermidade. Estas cartas describen 12 días da vida de Oscaer dunha forma poética e orixinal, son días divertidos e conmovedores e incluso son días marabillosos dentro da gravidade do tema.

Deste libro si vos direi que me parece precioso, pola forma de como enfoca un tema tan serio e difícil como é a morte, e non é cuestión de crer ou non en Deus, senón de como se pode afrontar as cousas que nos pasan tratando de aproveitar o tempo. MARABILLOSO.

No hay comentarios: