28 de enero de 2008

Ángeles y demonios


Aínda que Marina nos pediu que comentasemos a película de La brújula dorada eu vou facer oídos xordos para recomendarvos outra novela, Ángeles y demonios, de Dan Brown, o exitoso escritor do Código da Vinci. Nun laboratorio de máxima seguridade, aparece asasinado un científico cun extraño símbolo grabado a lume no seu peito. Para o profesor Robert Langdon, protagonista tamén do Código da Vinci, non cabe dúbida algunha: os Illuminati, os hombres enfrontados á Igrexa desde os tiempos de Galileo, regresaron. E desta volta dispoñen da máis mortífera arma que creou a humanidade, un artefacto co que poden gañar a batalla final contra o seu eterno inimigo. Acompañado dunha nova científica e un audaz capitán da Guarda Suiza, Langdon comeza unha carreira contra reloxo, nunha búsqueda desesperada polos recobecos máis ocultos do Vaticano e en xeral de toda Roma. Necesitará todos os seus coñecemento para descifrar as claves ocultas que os Illuminati deixaron a través dos siglos en manuscritos e templos, e todo o seu valor para vencer ao despiadado asasino que sempre parece levarlle a dianteira.
Gran parte das accións que aparecen nesta novela transcorren en numerosas basílicas e templos da capital italiana por iso este é un libro que recomendo especialmente a todos aqueles que visitaron esta cidade. Non por isto deixa de ter interés para os que non a visitaron pois a trama é completamente comprensible aínda que non se coñezan os escenarios nos que transcorre. Estase a falar tamén da estrea do filme baseado nesta historia para maio do 2009.

2 comentarios:

Oki dijo...

Xa fai algún tempo que lin este libro que Iria nos recomenda hoxe.
Sei que moita xente quedou defraudada con este título, sobre todo despois de ler O Código Da Vinci.
A min resultoume divertido e con ritmo, sobre todo as últimas páxinas. Claro que é o que é. E supoño que todos sabemos que non é literatura para un Nobel, nin histórica. É un libro para entretener e asumido isto penso que consigue o obxectivo. Pero... hai gustos para todo. Pois faltaría máis!

Marina dijo...

Bueno Iria, alégrome de que non me fagas moito caso, xa quedamos en que este blog e voso e sodes vós os que decidides sobre o que queredes falar, o importante é que nos unamos cos libros e eso no teu caso (unha das mellores lectoras do noso instituto) é unha realidade.
Ah e pidoche perdón por entrar no teu post e cambiar un pouco a cor, era realmente difícil de ler, DISCULPAS, e non te preocupes que estamos todos aprendendo.