24 de enero de 2008

Máis sobre o s. Ibrahim e as flores do corán


TÍTULO: El Sr Ibrahim y las flores del Corán

AUTOR: Eric-Emmanuel SChmitt.

El señor Ibrahim y las flores del Corán é un canto a concordia e a paz entre as persoas. Trata da amizade que se entabla entre dúas soidades, unha que comeza a vivir e outra que se atopa ó final do percorrido. Entre Momo (un adolescente), e un ancián Ibrahim, que leva unha existencia triste e rutinaria, detrás do mostrador da súa tenda de comestibles. O neno é xudeo e o tendeiro musulmán. Pero estas diferencias non teñen ningunha importancia, o esencial é que son complementarios. Momo dalle ó ancián a última xustificación na súa vida e o Sr Ibrahim infúndelle ó xove a confianza plena de sabiduría que precisa par ao seu crecemento interior. Unha marabillosa relación, intelixente, sensible e chea de humor.

Ademais non é un libro que teña que ver coa relixión, a pesar do seu título, ten máis que ver coa forma de entendela, coa razón e coa liberdade. Ibrahim é un home respetuoso do Corán, pero as súas crenzas non menoscaban o seu humanismo, a súa filosofía da vida que é a que vai transmitindo o seu xove amigo. Non importa pois a relixión senón as persoas e a vida. Momo é un rapaz que vive só nunha casa da Rúa Azul, onde o Sr Ibrahim ten a súa tenda, e nela vive sentimentos de egoismo e indiferencia (do seu pai que o abandona), tamén vive a súa primeria experiencia amorsosa e a súa primeira decepción cunha veciña da súa idade, e tamén entra no mundo do sexo da man das mulleres que exercen a prostitución no seu barrio. O Sr Ibrahim ensinaralle outras cousas importantes no muno.

Este libro forma parte da triloxía do invisible, que reúne tres narracións breves en torno ás relixión. Os outros títulos son 'Milarepa' (unha reflexión sobre o budismo) e Oscar e Mamie Rose (sobre o cristianismo).

Dende o meu punto de vista esta é unha obra de paz, e agora que se está acercando a celebración do día da paz (30 de xaneiro) é un momento ideal para a súa lectura e tamén para vela ( é unha fermosa película) da que falaremos outro día e tamén unha obra de teatro... ¡A ELIXIR!

No hay comentarios: