
Segundo afirma na contraportada este libro é unha historia de amor, melancolía e liberdade, en tempo de guerra e posguerra que chega ata os nosos días. Un grande amor entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia de ambiente reaccionario e o médico republicano Daniel Da Barca, posuidor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos.
Fronte a eles a mirada escrutadora dun home qu non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.
1 comentario:
Pois eu vou aproveitar e xa vou empezar a ler este libro que fai uns días merquei na feira do libro.
Publicar un comentario