21 de marzo de 2008

Reseña de "Morning Star"

A obra que lin trata a historia dun dos bandoleiros máis sonados do século XIX en Galicia :Lourenzo Tasende .No libro ,como fondo ,a historia da pelexa entre dúas gavelas ,el chega a pertencer a ambas ,unha con xefe galego e outra con xefe portugués .A disputa ,cuxo nome tamén leva a taberna do pai de Lourenzo ,outro famoso bandoleiro ,é debida a que ,nun primeiro momento ,ambas gavelas eran a mesma ó mando dun xefe xa falecido .Este levou con el o tesouro do asalto ó barco Morning Star ,ata a súa "tumba" .Agora ,todos o andan a buscar .Esta loita na que se implica Lourenzo dende rapaz debido ó ambiento no que se cría (a súa nai falece e seu pai vai cara á perdición ) fai que ,coma moitos homes ,el e mais a súa namorada se atopen ó bordo da morte en numerosas ocasións ,pero ,tamén ,que Lourenzo viva novas experiencias (se atope no medio das revoltas da época,viva o seu primeiro e gran amor ,que lle axudará a cultivarse ,coñeza o valor da amizade ,e ,incluso ,presencie grandes atrocidades ).
Así comeza a súa busca da liberdade ,que finalmente atopará ,comezando unha nova vida.

Esta obra gustoume moito .É unha novela histórica ,pero tamén é a superación dun rapaz fronte á adversidade ,de como ás veces se sae adiante cando parece imposible ,...
Comparándoa con outras novelas de bandoleiros e gavelas ,esta pareceume mellor polo feito de que nesta ,tanto as relacións persoais ,coma os feitos ,lévanse ó límite .Fálase do que unha persoa é capaz de chegar a facer na busca da riqueza ,da avaricia ,pero tamén de odio ,medo ,amor ,...
Ademais ,aínda que haxa un protagonista claro ,hai outros moitos personaxes importantes .A min chamoume a atención o cego ,pero non polo feito de que loitaba moi ben ,senón pola descrición do seu traballo na obra ,é moi interesante .El adicábase a cantar historias ,sucesos, polas feiras dos pobos .

No hay comentarios: