21 de marzo de 2008

Reseña de "A biblioteca da iguana"

O libro que lin desta última vez foi o conxunto de relatos titulado A biblioteca da iguana , de Xosé Miranda .
Este título chamoume moito a atención e fixo que tivera gana de ler o libro polo inusual ,porque parece algo ilóxico ,fantástico .
O conxunto de minirrelatos que forman o libro son de intriga ,de suspense ,... Algúns provocan en ti o espanto porque os sitúas na vida cotiá .
Impactáronme case todos porque o narrador fai unhas descricións tan detalladas que te adentras totalmente no relato .Pero gustáronme especialmente os relatos titulados "Crisálida" e "Caravana".
O primeiro ,pola ficción terrorífica que narra ,ademais de estar escrito en formato de carta ,que eu poucas veces lera ,co cal sempreu che parece que non o sabes todo .
O segundo ,porque o relaciono coa desesperación cotiá da xente e ,ó velo tan real na miña mente ,asústame .
En definitiva ,o libro ,en xeral ,gustoume moito pola súa diversidade de temas ,todos co factor común da intriga .Porque aínda que hai abondosas descricións ,os relatos son rápidos ,amenos ,...
Remato cunha idea na mente ,poder chegar algún día ,a facer unha curtametraxe co titulado "O piso de enriba".

No hay comentarios: