14 de enero de 2008

El señor Ibrahim y la flores del Corán



Para a elección de unha nova lectura no noso clube, presentámosvos esta suxerencia: El señor Ibrahim y las flores del Corán. A nós pareceunos un libro entretido e que engancha, cun vocabulario sinxelo. Un pouco impactante (sobre todo a primeira frase), según Leticia. É moi bonito o cariño que se acaban collendo entre eles dous, Momó e o señor Ibrahim, pensa Lucía. A imaxe que se reflicte no libro de Europa e do mundo enteiro, na viaxe que fan os dous, un mundo sen fronteiras, foi o que máis lle gustou a Catalina do libro. O que non nos gustou a ningunha das tres é a soidade na que o pai de Momó o deixa vivir e que a súa nai o abandonara. A nós gustounos moitísimo, recomendámosvos lelo a todos, podédelo coller na biblioteca.

1 comentario:

Oki dijo...

Eu aínda non lin o libro pero vin a película e tamén vola recomendo. É unha película fermosa, dura, triste en ocasións... diferente de case todas... non moi comercial... pero creo que merece a pena vela.