Blacksad é unha serie de novelas gráficas francesa, creada e desenvolta polos españois Juan Díaz Canales como guionista e Juanjo Guarnido como debuxante. O contexto xeral da serie sitúase nos Estados Unidos despois da Segunda Guerra Mundial, nos comezos da Guerra Fría. Un lugar entre as sombras, Artic-Nation, Alma roxa, e O inferno, o silencio son os catro títulos que compoñen a serie. Acción, intriga, corrupción, política, falsedades, racismo,violencia… semella case a sección de noticias de calquera diario. Plena actualidade.14 de enero de 2013
Blacksad
Blacksad é unha serie de novelas gráficas francesa, creada e desenvolta polos españois Juan Díaz Canales como guionista e Juanjo Guarnido como debuxante. O contexto xeral da serie sitúase nos Estados Unidos despois da Segunda Guerra Mundial, nos comezos da Guerra Fría. Un lugar entre as sombras, Artic-Nation, Alma roxa, e O inferno, o silencio son os catro títulos que compoñen a serie. Acción, intriga, corrupción, política, falsedades, racismo,violencia… semella case a sección de noticias de calquera diario. Plena actualidade.
Etiquetas:
Lecturas compartidas,
recomendacións libros
6 de noviembre de 2012
Noite de Defuntos
Apetecianos moito pasar medo -un pouco, sen esaxerar-, para celebrarmos como convén a Noite de Defuntos. Lemos unha escolma de contos de terror: Poe, Maupassant e Lovecraft. Non hai a menor dúbida: o que máis medo mete é Lovecraft. Ten algo de visionario, algo freudiano e tamén algo de ciencia ficción. Temos as Obras Completas dos tres autores, e agora, entre todos, cómpre escoller os contos. E despois, para nos divertir, veremos a película A lenda de Sleepy Hollow, dirixida por Tim Burton e protagonizada por Johnny Depp ,que -por si non o sabedes- está baseada nun relato escrito por Washington Irving en 1820, na súa coleccion: The Sketch Book of Geoffrey Crayon. 7 de octubre de 2012
Un xiro decisivo
20 de abril de 2009
Reunión Con Fina 20.04.09
Hoxe fumos moi italianos: Comimos Erika's pizza. Comentamos o libro El lector con Fina, José Ramón, Álvaro, e eu, Carliños. O libro trata dun rapaz que se convirte primeiro a adolescente e despois a adulto. Na súa adolescencia o rapaz coñece a unha muller de 32 anos coa que despois mantén relacións sexuais (Que porkiño, aos 15 anos). Ao final meten á muller na cárcel e o rapaz (que xa era universitario) non di que era analfabeta e con eso podería sacala da cadea.A min e a Álvaro parecíanos raro pero posible que un rapaz de 15 anos mantivera unha relación de parella cunha muller de 32 anos (eu coa profe de tecnoloxía, figurádesvolo).
Bicos e poñede moitos comentarios, que non teño ningún :(
Bicos e poñede moitos comentarios, que non teño ningún :(
9 de marzo de 2009
Reunión con Cristalina 9/3/09
Hoxe, só estábamos os máis faladores: María e eu, Carlos. Miramos uns textos que nos dera Cristalina previamente. Comimos bocatas, patacas e biscoito made in María. Bikos e poñede moitos comentarios.
16 de febrero de 2009
O libro que non lemos!!!
Pero non foi porque fora malo, senón porque non nos deu tempo. Por certo, colléronnos un exemplar e non sabemos onde está. A reunión de hoxe (16.2.09) foi bastante sobrealimentada (pero dannos pena os nenos de África). Houbo unha chea de comida: Unha pizza de xamón iork, mozzarella e ourego (vulgar pizza con xamón e queixo para os non entendidos) que a trouxo José Ramón (poderíamos seguir falando deste tema indefinidamente, pero queda máis comida (...). As rapazas trouxeron un bocata para cada un. Vicente trouxo unha empanada caseira e eu (Carlos) ensalada. De postre (prepárense señores): Andrea, rosquillas dá súa avoa; Vicente, galletas danesas de Portugal do Froiz de Arzúa do centro de Danacia (consultar atlas); Catalina, "hojaldres riquismos", María, xamón (Non de postre pero non collía) e eu chocolate. Para facervos unha idea, imaxinádevos unha mesa chea de comida e multiplicádea por un 8 ao revés. BIkos e facede moitos comentarios... UUUps, o título é "O TESOURO DE CARRAXE"...
2 de febrero de 2009
Reunión 2/2/09
Estivemos os máis faladores nesta reunión. Pero unicamente eu e María!!! Falamos do libro "El niño con el pijama de rayas" e os temas sobreentendidos do libro. Por certo, sabiades que Hitler quería que a raza aria dominara, pois era a superior? O raro era que a raza aria fora alta, forte, loira e con ollos azuis e Hitler (denominado "O Furias" no libro) era baixo, feble, moreno e con ollos marróns!!! Flipa!!!
A comida que tivemos hoxe: Eu trouxen un bocata de beicon con queixo e unha ensalada e María pan, chourizos e trufas... mmmMMMmm...
A comida que tivemos hoxe: Eu trouxen un bocata de beicon con queixo e unha ensalada e María pan, chourizos e trufas... mmmMMMmm...
el niño com el pijama de rayas
27 de mayo de 2008
EL LIENZO DE TINTORETTO
Dunha reunión do clube de lectura saiu o libro de "La joven de la perla" de Tracy Chevalier. Eu xa lin este libro o ano pasado por unha amiga que mo prestou. A partires da lectura a por unha viaxe que fixera recentemente a Holanda, recuperei a Vermeer, e o redescubrín, aínda que pode ser que realmente o coñecera agora de verdade. Despois vin a película, coido que bastante fiel ao texto.Por iso e aproveitando a lectura de libros relacionados coa pintura mercamos para o clube "El lienzo de Tintoretto" de Thierry Maugenest. É iste un libro curto e de fácil lectura como o anterior, aínda que non ten nada que ver. Comentei con Monse, que o está lendo agora, que é unha especie de "Codigo da Vinci", aínda que non ten nada que ver con no fondo.
Acércanos ao mundo deste pintor, nado un século antes que Vermeer, dun estilo totalmente distinto, e a trama mezcla a época actual con do século XVI en vida do pintor cando pinta en Venecia (e aproveito para dedicarllo a Manuel Lamas...) as obras para a igrexa de San Rocco.
Podería poñervos un video das obras deste pintores, pero invítovos a ler os dous libros, moi sinxelos e entretidos (xa sei que hai para todos os gustos...) e a visitar o blog de "La joven de la perla" y "Arte en la red". Merecen un pequeno paseo. E a disfrutar da lectura, do cine e da arte!
28 de abril de 2008
O daimonion de Catalina
Quero propoñervos o daimonion de Catalina: o bufo, a curuxa.
¿Non me digades que esta muller non é unha enciclopedia andante? Pois eu sempre asociei a curuxa co mestre, con persoas reflexivas, estudiosas... E cando se queda mirandoche con eses ollos abertos que non sabes o que hai detrás deles... Os mesmos que os da curuxa....

Catalina díxome que Atenea é frecuentemente representada con este animal, símbolo da sabiduría, da intelixencia e da sabiduría, e, segundo lin, mesmo a propia Atenea puido ser unha curuxa.
E ¿sabíades que Grecia incorporou este animal no anverso das súas moedas de euro?
¿A que é un daimonion apropiado para Catalina /Atenea? Eu espero que a ela lle guste...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

