18 de febrero de 2013

Toca falar de amor

Estamos en febreiro. Xa se sabe que -non queda máis remedio- toca falar de amor. Para tal fin imos espoliar todos os nosos poetas favoritos ( a Manuel María, a Novoneira, a Curros, a Rosalía,...). O caso é atopar versos engaioladores. Ou versos que acompañen a chorar, porque a adolescencia igual ri que chora.
Despois leremos un autor brasileiro que deste tema sabe moito: Jorge Amado. A miña obra favorita é Tocaia grande. Dela entresacaremos algunhas páxinas, e, para acompañalas, non sei se seremos quen de achegarnos á cociña brasileira na nosa próxima cita gastronómica dos luns.

No hay comentarios: