
Andrea Camilleri é un dos máis famosos escritores sicilianos. Quería escribir "italianos", pero Sicilia impúxose. Os oitenta anos xa os cumpliu hai tempo, pero non lle quitaron as ganas de escribir, a imaxinación nin o sentido do humor. ¿E qué me dicides do gusto de vivir? Encántame ler as súas receitas de cociña, o agarimo que pon ao describir unha boa comida. Parece que nos chega desde as súas obras o arrecendo da súa terra, a benamada Sicilia. Imos comezar a lectura de
Un xiro decisivo. Agárdanos o comisario Montalbano.